COMUNICACIÓN, APPs e APOIOS VISUAIS
ARASAAC. Centro Aragonés para a Comunicación Alternativa e Aumentativa.
Como construír un caderno de comunicación con pictogramas?
- Comunicador Dinámico de ARASAAC: ASTERICS GRID.
- ACEEGAL. Comunicación e accesibilidade en dispositivos móbiles.
- Que é a comunicación natural asistida?
AlfaSAAC. Entidade formada por un equipo multidisciplinar do ámbito da medicina, psicoloxía, logopedia, educación, lingüística, tradución e familiares de nenos/as con discapacidade e necesidades complexas de comunicación.
Asociación TADEGA. Comunidade, tecnoloxía, diversidade e inclusión.
Let Me Talk. A aplicación Let Me Talk gratuíta para Android e iOS permite comunicarte en todos os lados xa que ten un sintetizador de voz que reproduce a mensaxe dos pictogramas seleccionados. LetMeTalk permite facer frases útiles coas imaxes. A base de datos inclúe máis de 9.000 imaxes fáciles de entender de ARASAAC (http://arasaac.org) . Ademais, poden engadirse ou crearse novas imaxes coa cámara do móbil. Para o uso de LetMeTalk non precisas acceso a internet ou rede de comunicación.
Niki Talk. Para iOS e Android. Ten unha versión gratuíta (durante 30 días). A versión completa custa uns 50€. A aplicación Niki Talk. Dálle voz ao teu fillo é un sistema de Comunicación Alternativa e Aumentativa fácil de usar, que axuda aos niños con autismo ou con calquera outra discapacidade que limite a comunicación.
Symbotalk. Symbotalk é un comunicador multiplataforma de descarga gratuíta para ordenador e para dispositivos móbiles con sistema operativo Android e Ios. Con Symbotalk podemos crear taboleiros de comunicación aumentativa que conteñan dende 4 ata 50 celas. Estes taboleiros poden ligarse facilmente a outros taboleiros e podemos utilizar fotografías tomadas directamente da cámara, imaxes do noso ordenador ou dispositivo e pictogramas. O sistema de configuración permite a súa adaptación personalizada a usuarios/as con diferentes características, necesidades e capacidades, polo que resulta unha ferramenta moi versátil e sinxela de utilizar. Utiliza pictogramas de ARASAAC.
In-TIC. O proxecto In-TIC (da Fundación Orange) esfórzase en pór a tecnoloxía ao servizo das persoas con diversidade funcional, ampliando as súas posibilidades de comunicación, aprendizaxe e entretemento a través dun acceso simplificado ao ordenador e ao móbil. Nesta LIGAZÓN podedes comprobar In-TIC na vosa táblet ou móbil.
In-TIC Móbil é unha aplicación gratuita que permite adaptar e simplificar as principais funcionalidades dun dispositivo móbil Android (xa sea teléfono ou táblet) ás características ou necesidades de cada persoa. Ademais, para as persoas con dificultades de comunicación, tamén se pode configurar o dispositivo como un comunicador dinámico.
CPA 3.0. CPA é un Comunicador Persoal Adaptable gratuíto para iOS. É un sistema de comunicación para persoas con problemas graves de comunicación (trastorno do espectro autista, trastornos neurolóxicos, afasias, etc.).
E-Mintza. É un sistema personalizable e dinámico de comunicación aumentativa e alternativa dirixido a persoas con TEA ou con barreiras de comunicación oral ou escrita. Nacido da colaboración entre a Fundación Orange e a Fundación Dr. Carlos Elósegui de Policlinica Guipuzkoa, permite que o usuario poida comunicarse con outras persoas mediante o uso de tecnoloxía táctil e multimedia, adaptándose facilmente ás necesidades dos seus usuarios. Do mesmo xeito, promove a súa autonomía a través dunha axenda personalizada. E-Mintza (que en éuskaro significa "fala electrónica") é un programa de descarga gratuíta que presenta un taboleiro de comunicación con pictogramas ou imaxes e sons asociados, que permiten unha comunicación directa e sinxela. O taboleiro é facilmente personalizable. Unha das características do software e-Mintza é a posibilidade de personalizalo con fotos ou letras. Ademais, inclúe a opción de engadir vídeos.
Grid Player (iOS. Gratuíta).
PictoDroid.PictoDroid é unha aplicación para dispositivos Android que permite aos usuarios comunicarse a través do uso de pictogramas. Esta versión permite expresar diferentes accións e crear oracións complexas. As oracións créanse seleccionado os pictos que pertencen a diferentes categorías. Unha ver realizada a oración, o sistema procederá á lectura da frase creada.
Axenda de pictogramas. Autor: Jesús Miguel Mora Laorga. Moi boa ferramenta para realizar axenda diarias (mañá, tarde e noite). Dispoñible aquí para Android e iOS.
PECS IV+ (iOS. 95€)
Aula Aberta de ARASAAC. - Como construír un caderno de comunicación con pictogramas. Preme AQUÍ.
Picto Selector. Picto Selector é unha aplicación para sistemas operativos Windows e deseñada para facilitar a selección e impresión de taboleiros de comunicación con pictogramas, imaxes e fotografías. A aplicación incorpora máis de 30.000 pictogramas, incluída toda a base de datos de pictogramas de ARASAAC, coa súa correspondente tradución a distintos idiomas. A facilidade de uso da aplicación simplifica o proceso de adaptación e elaboración de materiais relacionados coa comunicación aumentativa; taboleiros de comunicación, rutinas, horarios, anticipación, mapas conceptuais, etc. Podedes ver o titorial de instalación e inicio no uso AQUÍ.
Pictosonidos. Aplicación web e móbil pensada para axudar na comprensión e adquisición de vocabulario a través de locucións verbais e sons asociados. Con pictogramas organizados por categorías (Transportes, Alimentos, Cociña, Animais, etc), cada pictograma leva asociada unha locución de voz coa palabra. Tamén están habilitados xogos para facer a experiencia máis amena.
Pictosonidos forma parte dunhas serie de aplicacións desenvolvidas co fin de axudar a persoas con trastornos da comunicación oral. Pode saber máis sobre esta e outras aplicacións visitando a web www.pictoaplicaciones.com. Todas as nosas aplicacións foron desenvolvidas por Grupo Promedia SMPE e son de carácter gratuíto e acceso libre.
AraWord. Procesador de texto con pictogramas. Segundo a súa web, esta é unha ferramenta para crear textos de xeito simultáneo co apoio de pictogramas. Esta é unha aplicación web de software libre do partal aragonés ARASAAC, que nos facilitará o traballo na creación de materiais para favorecer a comunicación aumentativa e alternativa; así como a adaptación de textos para persoas que presenten dificultades no ámbito da comunicación funcional. Inclusive pode ser de utilidade para apoiar a aprendizaxe da lectoescritura.
Grid 3. Grid 3 é un software de pago (650€) que serve para comunicarse de forma eficaz e desenvolver a linguaxe, óptimo para persoas que non poden falar ou teñen dificultades na fala. Aumenta as posibilidades de interacción e comunicación de quen o usa, tanto en persoas que xa usan símbolos e queren desenvolver a linguaxe, coma naqueles que xa poden utilizar o texto e escribir. Grid 3 é un programa de comunicación aumentativa, que fai posible a interacción cara a cara (grazas a un sistema de voces integradas), como a distancia. Na web de BJ Adaptaciones atoparedes este e outros programas e dispositivos que poden promover ou facilitar a comunicación no alumnado con TEA.
Snap + Core First é unha moi boa aplicación de pago válida tanto para Windows (200€) como para iPad.
Proloquo2Go. Moi boa aplicación de pago para iOS (280€).
Verbo de Eneso. Verbo é una aplicación para Windows e Android que permite crear taboeiros de comunicación e actividades educativas de forma rápida e intuitiva. Combina pictogramas, texto, sons e voz para deseñar o teu comunicador ideal, ou aproveita os recursos que compartiron outros usuarios. Hai centos de taboeiros e actividades dispoñibles que podes usar libre e gratuitamente durante 30 días. Se queres unha licenza definitivas custa arredor dos 150€.
Pathways para Core First para Windows. É unha app complementaria para o software de comunicación baseado en pictogramas Core First. É ideal para pais, coidadores e interlocutores que procuran as mellores prácticas para fomenta-la participación dos usuarios de Snap Core First. Pathways axudará a impulsa-los obxectivos de comunicación con exemplos de vídeos intuitivos, plans educativos e unha grella de obxectivos interactiva para avalia-lo progreso e aborda-los comportamentos desafiantes. Tamén conta cun paquete de materiais dixitais e imprimibles de apoio para acompañalo no percorrido. Pathways será unha guía para axudarlle a aproveitar Core First ao máximo.
TEAyudo a jugar. Esta app é unha ferramenta de aprendizaxe, intervención e inclusión social para persoa con TEA ou outras diversidade do neurodesenvolvemento. Está dispoñible para móbiles e tabletas de ata 10 pulgadas (Android e iOS). TEAyudo a jugar é unha ferramenta que busca favorecer a inclusión educativa e social mediante o xogo. O dispositivo electrónico utilízase como soporte visual motivador durante o xogo, tras establecer cos nenos/as algunhas premisas como: onde se vai xogar?, a que se vai xogar?, con quen se vai xogar?, como se vai xogar? e canto tempo imos xogar.
Aumentativa.net. Aumentativa 2.0 é un espazo interactivo, dinámico e en constante crecemento e evolución, que constitúe unha valiosa fonte de recursos materiais e didácticos para a posta en marcha de programas para a Comunicación Aumentativa. Na actualidade, a web conta con máis de 9.000 pictogramas, 34.000 palabras ou grupos de palabras, 10.000 fotografías, un total de 48 aplicacións multimedia e un potente sistema automático de xeración de actividades e aplicacións.
PECS. Sistema de comunicación por intercambio de figuras/pictogramas.
Programa de Comunicación Total: fala signada. Benson Schaeffer.
Taboeiros de comunicación rápida (Proloquo2go).