A diversidade motora, ou discapacidade motriz, provoca no individuo que a padece algunha disfunción no aparato locomotor. Como consecuencia poden producirse dificultades posturais, de desprazamiento ou de coordinación do movemento do corpo. Este blog pretende ser unha base de recursos que axude a mellorar a calidade de vida das persoas con algunha dificultade motora.

Discapacidade vs. Dependencia

 

 DISCAPACIDADE vs. DEPENDENCIA.

 

É o mesmo dependencia que discapacidade?

Non, xa que unha persoa pode ter discapacidade en diversos graos sen que necesariamente exista dependencia.

A dependencia dáse cando a persoa ten limitacións na actividade que requiren o apoio imprescindible de outra ou outras persoas para realizar, de forma axeitada, as tarefas máis elementais, como o coidado persoal, as actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordes ou tarefas sinxelas.

Fonte: IMSERSO.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Na seguintes páxinas tes información sobre a diferenza que existe entre o recoñecemento de discapacidade e o de dependencia:

 INCLUSIVIDADE: