A diversidade motora, ou discapacidade motriz, provoca no individuo que a padece algunha disfunción no aparato locomotor. Como consecuencia poden producirse dificultades posturais, de desprazamiento ou de coordinación do movemento do corpo. Este blog pretende ser unha base de recursos que axude a mellorar a calidade de vida das persoas con algunha dificultade motora.

Preditores de texto

 

  •  Como habilitar suxestións de texto en Windows para aulas inclusivas.
  • No caso de optar pola utilización na aula do ordenador, haberá que proporcionarlle ao alumnado con discapacidade motriz opcións para que poida contar cun preditor de texto (ferramenta tecnolóxica de asistencia para a escritura que vai suxerindo palabras a medida que a persoa escribe):

    • En Windows 10 se activa en “Configuración”, “Dispositivos”, “Escritura”, activando “Mostrar sugerencias mientras escribo", tamén é importante activar a opción "mostrar suxestións de texto segundo os idiomas recoñecidos nos que escribes".  

    • Tamén é habitual que os procesadores de texto (Microsoft Office Word, Libre Office Writer, Open Office Writer ...) teñan incorporados preditores de texto que van mostrando suxestións a medida que tecleamos, que podemos confirmar coa tecla “enter”.