A diversidade motora, ou discapacidade motriz, provoca no individuo que a padece algunha disfunción no aparato locomotor. Como consecuencia poden producirse dificultades posturais, de desprazamiento ou de coordinación do movemento do corpo. Este blog pretende ser unha base de recursos que axude a mellorar a calidade de vida das persoas con algunha dificultade motora.

Convertir audio en texto

 

  • Speechtexter é un programa web que permite transcribir a texto as emisións orais. Incorpora o galego como lingua. Este programa soamente funciona no navegador Google Chrome.
     
     
    Para favorecer a tarefa de coller apuntamentos por parte do alumnado, cando non existe a posibilidade de proporcionarllos previamente por escrito, unha funcionalidade de Windows que pode facilitaristo é a seguinte:

    • En “Configuración”, “Privacidad”, “Voz”, activando a opción “Reconocimiento de voz en línea”. Con esta opción activada, se abrimos algún programa para procesar texto (debe ser compatible con esta funcionalidade) ou o propio Bloc de notas de Windows, e prememos a tecla de “windows” máis a letra “H”, aparece un micrófono que inicia o recoñecemento de voz e o seu traslado a texto nestes programas. En ocasións, pode ser necesario activar a función premendo sobre a imaxe do micrófono. Pulsando sobre calquera tecla ou pasado un tempo se desactiva. A opción "Reconocimiento de voz en línea" funciona se o dispositivo (ordenador) está conectado a internet. Un complemento que podería facilitar a recollida de apuntamentos por parte do alumnado con discapacidade motora con afectación nas extremidades superiores, sería a de conectar vía bluetooth o ordenador do/a alumno/a con un micrófono que leve o/a docente (como, por exemplo, podería ser este: Aled BTMIC2 Micrófono sen fíos bluetooth, largo alcance e baixa latencia).

    • Microsoft Office Word ten previsto incorporar a funcionalidades: Transcribir e Ditado nas actualizacións que se leven a cabo.