A diversidade motora, ou discapacidade motriz, provoca no individuo que a padece algunha disfunción no aparato locomotor. Como consecuencia poden producirse dificultades posturais, de desprazamiento ou de coordinación do movemento do corpo. Este blog pretende ser unha base de recursos que axude a mellorar a calidade de vida das persoas con algunha dificultade motora.

Mecanografiar

“MEKANTA” é unha aplicación desenvolvida pola ONCE para a aprendizaxe do teclado mecanográfico. É moi doada de usar e ademais é inclusiva, xa que pode ser utilizada por persoas con cegueira, discapacidade visual coma por videntes.

Aínda que está deseñada para nenos, tamén pode ser utilizada por adultos e maiores que desexen aprender a usar oteclado dun ordenador co método mecanográfico.

O programa baséase en comparar o teclado coa selva, o que motiva ao usuario a coñecer as diferentes zonas do teclado.